Skip to Content

 

   

tarefa naturais 5º, 11 de maio

Ola  a todos e todas, que tal o finde?. Como o tema 5 de sociais non o podemos levar adiante, porque fala da estructuración poítica de España, e non está relacionado co anterior, non o podemos considerar unha ampliación. Non é o caso de naturais, xa que o tema 5 fala dos ecosistemas nos que viven tanto vertebrados coma invertebrados no noso planeta terra.

Por isto imos seguir con ciencias naturais e daquela propoño que no tema 5 , OS ECOSISTEMAS, que xa tedes aberto,a modo introductorio fagades un SNACK EXPERIMENT, que tedes ao final, no que se fala de como ERATÓSTENES demostrou que a terra era redonda e non plana coma creían os seus cohetáneos.

Aínda che queda algunha dúbida sobre se a terra é plana ou esférica? Seguro que non! Neste snack experiment sabrás como Eratóstenes puido demostrar que a terra é esférica e calcular o seu radio.

 

Lembrade que o mércores 13, ás 10 da mañá, ábrese un cuestionario do tema dos INVERTEBRADOS!!!!!!!

 

saúdos !!!

 



blog | by Dr. Radut