25 DE NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Posted Novembro 27th, 2019 by Anónimo
O pasado luns 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Xuntámonos no auditorio de Cangas con outros coles do concello para actuar en repulsa destes actos.
Se queredes ver a nosa actuación so tedes que premer na imaxe inferior.
Ademais disto, no cole estivemos traballando co conto de Artur e Clementina. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º no contexto lingüístico prepararon un contacontos para os demais nenos, reflexionaron sobre a actitude de Artur e ata inventaron un novo final.
Velaí vai parte do seu traballo, esperamos que vos guste!
Reflexións sobre o conto.