Skip to Content

O CEIP Escultor Acuña "abraza" os montes de Vigo

Ola a todas e todos:

Pois, si. O venres 19 de outubro ,e despóis de traballar os valores dos nosos bosques ao longo de todo o curso pasado, saímos a manifestarnos a prol do coidado e respecto do medioambiente. Todo o cole viaxou ata os montes de Valadares para plantar o noso "Bosque Bebé" de carballos e para plantar ilusión e compromiso. Deixamos agora que vexades que ben nolo pasamos. Ata outra!!!

 

Abrazando_aos_montes

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL DE E. PRIMARIA

Adxúntanse as listaxes definitivas de:

  1. Libros para 1º e 2º EP (vales) (Pódense recoller ata o 13 de xullo ou en setembro)
  2. Asignación de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de EP (fondolibros, que se repartirán en setembro)
  3. Axudas para material escolar (vales) (Pódense recoller ata o 13 de xullo ou en setembro)
  4. Axudas para material excluídas.
  5. Participación no fondolibros excluídas.

NOTA:

  1. Os libros adxudicados pola aplicación serán entregados en setembro.
  2. Recoméndase non mercar ningún libro ata falar co profesorado en setembro (excepto o o Activity Book de Inglés)
  3. O libro de Música de 3º será entregado en préstamo polo centro.

(Pódese consultar a lista de libros en Secretaría-Libros de texto)

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL

O martes 26 de xuño, de 12 a 13 horas, haberá unha reunión na biblioteca do centro coas familias do alumnado que se escolariza neste centro en 4º de Educación Primaria.

Estarán presentes as mestras que se ocuparán deste alumnado e o orientador do centro, para falar da organización do curso, o periodo de adaptación, rutinas a traballar no verán... e outros aspectos de interese.

Neste momento cubrirase o documento de formalización de matrícula.

Aquelas familias que teñen pendente entregar documentación: fotos, tarxeta sanitaria, vacinación, autorización do uso da imaxe... poderán facelo neste momento.

Revista Escolar 2017-2018

Excursión 6° de Primaria. Xornada 3

Bos días. Imos repasar as actividades de onte e a xornada de hoxe.  Onte, o tempo estivo moi irregular. Aínda así os rapaces e rapazas puideron facer actividades e xogos e ata un pequeno baño. Pola tarde visitamos o museo galego, O Temperán, onde comprobaron as costumes da vida galega no agro. Pola noite tivemos xogos por equipos ata as 00.30. Despois xa tocaba durmir e descansar dunha longa xornada.

Hoxe, o tempo regalounos una estupenda mañá e visitamos as praias da nosa zona para darnos un sensacional baño . Mentras escribimos esta crónica, estamos rematando de comer. As 16.30 deixaremos o noso camping e viaxaremos ata o porto de O Grove para embarcar, ás 17.00h, no fabuloso Catamarán, onde visitaremos as bateas de mexilóns, vieiras e ostras e tomaremos mexilóns da zona, bailaremos e observaremos o fondo do mar. 

Sobre as 18.00 h sairemos cara a Vigo, con hora de chegada entre as 19.00 h e as 19.30 h. Mentras...seguimos desfrutando a toooopeeee. Guay

Lembrade visitar a galería de imaxes. Iremos subindo fotos pouco a pouco.  Ata logo, familias

excursión

 

Distribuir contido


by Dr. Radut