Skip to Content

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA- 3ª ETAPA

Ola familia. Seguramente estaredes, a estas alturas, botando de menos aos vosos vástagos. Eles.....están moi contentos, sintoó. Xa pasamos o ecuador da nosa aventura. Hoxe saímos cedo do Forte de Lusío e chefgamos ata Sarria. Agora, vós conto. Pola mañá e despóis do almorzo (cola cao con magdalenas e galletas) saímos cara Samos. A marcha foi con pouco ritmo ao principio ( todavía moi dormidos). Xa sobre o mediodía e cheirando a comida, o ritmo mellorou. Chegamos a Samos e xantamos na casa de Patricia ao aire libre. O tempo foi mellorando cara ao mediodía solar. Pola tarde e tras xogar un pouco, saímos cara a Sarria. O ritmo foi bo e os peregrinos van madurando tanto nas súas pernas como nas súas mentes. A viaxe iniciática está xa na súa pel de camiñantes. En total, sobre 21 km. Casi ná. Agora, xa ceando na villa de Sarría. Polas noite esperan os xogos de estrelas, de música, etc. Todo vai moi ben. Soamente tivemos que despedirnos de o noso compañeiro Mateo por un malestar dixestivo...pero o sábado estará de novo connosco para chegar pola porta grande ao Obradoiro. ¡ Bravo Mateo, te queremos! Xa para rematar, intranquilos pais e nais, queremos que saibades que Xan de Pitín, o espíritu camiñante que ven connosco dende O Cebreiro, coida de nós...pero  tamén fainos moitas trasnadas. Aparecerá esta noite? Ata mañá

 

camiño_Santiago

 

 

 

 

 
 


page | by Dr. Radut