CIRCULAR INFORMATIVA - CURSO 2021/22
Estimadas familias, mediante a presente vos informamos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2021/22, sempre que se renove a Xunta Directiva da ANPA para o vindeiro curso.
Informamos ás familias de nova inscrición no Centro, que os servizos de COMEDOR e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES os xestiona directamente a Asociación de Nais e Pais: ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López, a través da contratación de empresas especializadas.
No vindeiro curso, se non hai novidade ao respecto, manteranse as distancias interpersoais, os grupos burbulla e as mascarillas no transcurso dos nosos servizos, tanto nos espazos interiores como exteriores.
Toda esta información, irase actualizando puntualmente, se fóra o caso, se a situación sanitaria ou as autoridades competentes así o aconsellan.
COMEDOR ESCOLAR
Funcionamento: Para respectar as medidas de seguridade, as comidas sérvense en tres quendas:
- 1ª quenda: Alumnado de Educación infantil. A partir das 14:00h.
- Quenda corrida: A partir das 14:30h, irán entrando as burbullas de 1º e 2º de Educación primaria a medida que vaia rematando o alumnado de infantil, para respectar o aforo.
- 2ª quenda: A partir das 15:00h. Despois da correspondente limpeza e desinfección da sala, acompañaranse dende o seu lugar de agarda (aula de informática ou espazos exteriores se a
climatoloxía o permite) ás burbullas de 3º ata 6º de primaria.
Prezo:
Fixo mes - 81.01€
Fixo 4 días - 66.49€
Fixo 3 días - 50.37€
Fixo 2 días - 33.76€
Fixo 1 día - 16.99€
Esporádico - 5.80€
Recollida: Os tres horarios de recollida dos nenos e nenas dispoñibles á vosa elección son:
- 15:30h
- 16:30h
- Se están anotados a actividades extraescolares, 17:45h.
Os nenos e nenas terán un tempo de ocio e xogos ao aire libre ou no pavillón, antes da súa recollida.
Inscrición: Abrirase o período de inscrición telemático entre os días 10 e 30 de agosto de 2021 (incluídos) a través da páxina web de Jardanay: www.jardanay.es
Solicitude: Debedes cubrir o formulario de solicitude de alta accedendo á web. Na área de clientes, escollede a opción CEIP Emilio González López e indicade as claves:
Usuario: emilio
Contraseña: comedores2021
Débese cubrir todo o formulario de alta e escoller unha das seguintes modalidades de servizo:
- Modalidade fixa: Se reserva a praza de comedor de luns a venres.
- Modalidade descontinua: 1, 2 ,3 ou 4 días concretos á semana.
- Modalidade esporádica: Se reserva a praza (sempre que existan prazas dispoñibles) de días soltos que se avisarán como mínimo un día antes contactando coa ANPA a través do correo
anpabrexolema2013@gmail.com
- Comedor na casa: Se reserva a comida para levar que se entrega ás familias á saída do cole.
(As claves pódense consultar, na web do cole, no apartado de Comedor da ANPA https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/
Confirmación de praza: Dadas as medidas de seguridade actuais, o aforo do comedor de momento segue reducido. Se vos comunicará a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso, que no caso de ser necesario, seleccionarase por esta orde, segundo os seguintes criterios de valoración:
- Estar ao día no pago das cotas de Jardanay e a ANPA
- Estar inscrito no comedor durante o curso 2020/21
- Ter irmáns no centro usuarios de comedor
- Por orde de inscrición
Data de inicio do comedor: O comedor escolar estará operativo dende o primeiro día do curso 2021/22.
Os vosos nenos e nenas incorporaranse segundo a data de inicio que indiquedes no formulario de alta na web de Jardanay.
Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar de modalidade, variar os días de asistencia e darse de alta durante o curso, cada mes, sempre que haxa dispoñibilidade. Todas estas xestións deberanse rexistrar a través da web www.jardanay.es antes de cada día 26, para que teñan efecto ao mes seguinte.
Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado:
Para facer efectiva a praza de comedor, debedes cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA co fin de:
- Autorizar o pago e facilitar a vosa conta bancaria para facer efectivo a cota única e anual por cada neno/a de 7€ correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 7€ por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous)
- Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado de Comedor e/ou Actividades Extraescolares.
- Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.
A Ficha de Inscrición da ANPA está dispoñible no espazo de Solicitudes e Regulamentos da ANPA na web do Centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/taxonomy/term/217
Unha vez cuberta, debedes enviar unha copia (ben do documento escaneado, cuberto online ou unha foto lexible) ao correo da ANPA: anpabrexolema2013@gmail.com. Neste correo, tamén podedes contactar con nós para resolver calquera dúbida que vos poda xurdir.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h.
As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente.
Oferta de actividades para o curso 2021/22: (ver cadro na Ficha de Inscrición de Actividades Extraescolares)
Descrición das actividades ofertadas para o curso 2021/22:
- Patinaxe: Iniciación e adestramento en patinaxe artístico na modalidade de danza
- Ioga: Iniciación ao Ioga físico, psicofísico e a xestión emocional no que se alternan historias, cancións, xogos e posturas, para potenciar a aprendizaxe nun entorno multisensorial.
- Xogos Musicais: Iniciación á musica mediante xogos nos que se traballan mediante a música a coordinación e a psicomotricidade.
- Atletismo: Actividade de multideporte na que se practican diversas disciplinas deportivas (carreiras, saltos, lanzamentos, etc.) mediante xogos.
- Ciencia divertida: Pensada para fomentar o interese polo mundo da ciencia dos nenos e nenas a través da experimentación dende un punto de vista lúdico e divertido.
- Zumba: Para practicar exercicio mediante o baile e as coreografías con ritmos latinos e de fusión.
- Ximnasia Rítmica: Iniciación e adestramento nas acrobacias e coreografías da disciplina.
- Judo: (Sen contacto) Práctica das técnicas, caídas, coordinación e movementos da arte marcial.
- Baile galego: Iniciación á danza e a aprendizaxe de pandeireta.
- Capoeira: Iniciación e adestramento da disciplina a ritmo da música para traballar a coordinación, o ritmo, a flexibilidade e a expresión corporal.
- Kick-Boxing: (Sen contacto) Iniciación á arte marcial para favorecer o equilibrio e a fortaleza emocional a través do dominio do corpo e dun mesmo así como o respecto aos demais, mentres se traballan, mediante xogos e técnicas, ferramentas de defensa e autocontrol.
- Natación: Cursos divididos por capacidades dirixido por monitores para aprender a nadar en varios estilos.
Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€, agás no caso de Ioga e Kick-Boxing, que poden ter lixeiras variacións en función do número de solicitudes. Natación ten un prezo de 18 € aprox. que pode ter tamén lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.
- Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.
- Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas.
- Aplicamos un 30% de desconto no prezo da mesma actividade para o 2º irmán.
Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán o 17 de setembro de 2021, agás Natación, que comeza a partir de Outubro 2021.
Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 22 de xuño ata o 15 de xullo (ambos incluídos).
Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride e enviade por mail o seguinte:
- Ficha de Inscrición de Actividades Extraescolares
- Ficha de Inscrición da ANPA
ao correo electrónico da ANPA: anpabrexolema2013@gmail.com (serven os documentos escaneados e as fotos lexibles). Podedes descargar as dúas fichas no espazo ANPA da web do cole.
Confirmación de praza: Se vos comunicará a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso.
De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección:
- Estar inscrito nalgunha actividade o pasado curso 2020/21.
- O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2020/21.
- O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2021/22, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.
- Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP).
Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova en calquera momento sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo.
Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado:
Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para:
- Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 7€ correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 7€ por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous)
- Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades.
- Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.
OUTROS SERVIZOS
Banco solidario de libros de texto: Na ANPA recollemos as vosas doazóns de libros de texto dos cursos comprendidos entre 3º e 6º de Educación Primaria para ofrecelos a outras familias e así reciclar ao máximo os recursos. Se queredes doar os vosos libros de texto, contactade connosco.
En colaboración co Centro Escolar, completaremos automaticamente os lotes 4º e 6º de Ed. Primaria das familias que solicitastes o préstamo de libros co Centro, para que os recollades enteiros. (Este curso cambiáronse os libros de 3º e 5º de Ed. Primaria, polo tanto, sentimos non ter lotes dispoñibles para estas familias).
Axudas de Comedor: A ANPA xestiona a solicitude de axudas económicas para os usuarios de comedor. Ás familias que ten o importe pendente de recibir, sabede que vos ingresaremos estes días nas vosas contas bancarias a suma das cantidades pendentes dos cursos anteriores mediante transferencia.
Mañanceiro: Vos lembramos que o servizo de mañanceiro do Centro o xestiona directamente o Concello de Cambre. Para máis información, contactade directamente con Servizos Sociais do Concello ou visitade a súa web.
Eventos e saídas culturais: A ANPA organiza varios eventos durante o ano. Para o vindeiro curso 2021/22, xa temos concedida unha subvención para organizar actividades lúdicas e culturais en materia de Igualdade, que se celebrarán durante outubro 2021.
Os demais eventos (magosto, samain, excursións, etc.) iranse organizando durante o curso en función da situación sanitaria e as instrucións das autorizades competentes.
Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario, suxestión ou dúbida.
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.
Pasade un feliz verán!
Atentamente,
A ANPA
En Brexo-Lema, a 21 de xuño de 2021