Skip to Content

IV SAN SILVESTRE

Como xa é tradición cada ano festexamos o tan esperado San Silvestre con carreiras e agasallos para todos e todas.

Grazas San Silvestre por ensinarnos os moitos beneficios do deporte e por facernos sentir a todos os participantes gañadores.

Ata o V San Silvestre!!

XOGOS TRADICIONAIS

Ola familias, hoxe deixámosvos unha montaxe da exposición dos xogos tradicionais e do día que dedicamos a xogar con eles. Agradecer a todas/os as vosas achegas, tanto aos que nos prestaron xogos antigos familiares como aos que fúchedes quen de realizalos coas vosas mans.

MAGOSTO

Como cada ano no noso colexio celebramos o Magosto  , moitas grazas a ANPA por agasallarnos os zumes e as castañas que estaban moi boas. Aquí os deixamos algúns momentiños para que vexades que ben o pasamos.

SAMAÍN

 
Ola familias, como xa é tradición en Brexo cada ano abrímoslle as portas ao Samaín, aquí deixamos unha pequena representación do moito que traballamos esta festa tan divertida.
SAMAÍN - Movie Maker

VIDEOTECA

Estimadas familias:

Queremos poñer en voso coñecemento a creación dunha nova sección dentro da Aula Virtual chamada Videoteca, nela podedes atopar os vídeos das celebracións que se leven a cabo ao longo do curso.

Xa tendes a vosa disposición os vídeos do curso pasado, esperamos que sexan do voso agrado e que este novo recurso serva para acercarvos ao día a día dos vosos fillos e fillas creando unha ponte entre familia e escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut