Skip to Content

Circular Informativa AAEE Septembro 2019

Estimadas familias:

Dende a ANPA, desexámosvos un feliz inicio de curso e aproveitamos para informarvos dos seguintes servizos:

 

1. MAÑANCEIRO: (aberto desde as 7.30h)  Todas as familias interesadas, xa sexa de xeito esporádico ou continuado, terán que inscribirse no Rexistro do Concello de Cambre.

 

2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:  Comezan todas dende hoxe, día 11 de setembro incluido  (en horario de 16.30 a 17.45), menos a actividade de natación que comezará en outubro (ampliaremos información sobre o bus, a data de inicio, etc. mais adiante)

 

A listaxe das actividades é a seguinte:

 

DÍA

ACTIVIDADE

CURSOS

INSCRITOS/AS

VACANTES

 
 

LUNS

ROBÓTICA 2

2º E.P. A 6º E.P.

15

0

 

PATINAXE 1

4º E.I. A 1º E.P.

15

0

 

PATINAXE 2

2º E.P. A 6º E.P.

14

1

 

MARTES

XOGOS MUSICAIS

4º E.I. A 1º E.P.

10

5

 

INFORMÁTICA

2º E.P. A 6º E.P.

11

1

 

MÉRCORES

ZUMBA 1

4º E.I. A 1º E.P.

13

2

 

XIMNASIA RÍTMICA

1º E.P A 6º E.P

19

0

 

JUDO

1º E.P A 6º E.P

17

0

 

XOVES

CAPOEIRA

TODOS

11

4

 

ATLETISMO

2º E.P. A 6º E.P.

20

0

 

TEATRO

4º E.I. A 3º E.P.

14

1

 

VENRES

ZUMBA 2

2º E.P. A 6º E.P.

12

3

 

HOCKEY

1º E.P A 6º E.P

10

5

 

NATACIÓN 1

4º E.I. A 6º E.I.

18

0

 

NATACIÓN 2

1º E.P A 6º E.P

27

3

 

 

 

 

A actividade de Baile galego (para todos os cursos), prevista para os martes, aínda non  acadou o 

número mínimo

de persoas apuntadas (hai 6 e o grupo se forma con 10), polo que seguirá aberto o prazo de 

inscrición ata o 25 de setembro. De non chegar ao mínimo, cancelarase a actividade en outubro. Nos 

vindeiros días vos informaremos da posibilidade dunha clase de proba para Baile Galego, co fin de 

acadar o cupo mínimo así como da 1ª Xornada de Portas Abertas.

Para o resto das actividades nas que hai vacantes, as familias interesados poderán seguir 

inscribíndose ata o segundo trimestre.

Lembrámosvos que perante o primeiro trimestre NON se poderá dar de baixa as actividades nas que se 

está incrito/a.

Ademais recordarvos que na oficina da ANPA contamos con algún equipamento que poderá ser prestado 

para o curso.

 

3. SERVIZO DE COMEDOR: Estará operativo dende hoxe, día 11 de setembro incluido. Recordámosvos de 

que para anotarse ao Comedor deben cumprimentarse dúas solicitudes: unha para a ANPA en formato 

papel (entregouse ó final do curso pasado e incluíuse na documentación de novos ingresos) e outra 

dixital para Jardanay (a empresa que presta e factura o servizo). Para as familias que non o 

fixeron, facilitamos a ruta para cubrir a solicitude de alta:

Google: Jardanay.es      Área de Clientes      CEIP Emilio González López

 

Username/Email: emiliogonzalez (xunto, en minúsculas e sen tilde) Password: Comedores-2020          

      (Primeira maiúscula e guión medio)

A partir desde curso, todas as altas, modificacións e baixas que vaian xurdindo, deberán 

xestionarse directamente polas familias a través da web de Jardanay. Lembrade que o servizo se 

cobra a principios de cada  mes (por adiantado), así que o último día para rexistrar cambios será o 

día 26 de cada mes.

Por último, os nenos e nenas teñen colgadoiros individuais para os seus cepillos e pasta de dentes 

comunitaria. Por favor, por mor da hixiene, que traian os cepillos de dentes con capuchón e sen 

estuche de plástico ou tea.

Na ANPA estaremos á vosa disposición para axudarvos no que precisedes e para facer as correccións 

necesarias.

Podedes contactar connosco no tfno: 881 880 365 ou no correo electrónico 

anpabrexolema2013@gmail.com. Os documentos para as inscricións pódense recoller directamente na 

oficina da ANPA ou baixalos da páxina web www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliogonzalez/

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queres formar parte activa da educación dos teus fillos e fillas, contacta con nós e súmate á 

ANPA

 

 

Moitas grazas pola vosa atención                                                                    

 En Brexo-Lema, a 11 de setembro de 2019

 



page | by Dr. Radut