Skip to Content

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR. 2020/2021

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade veñen de poñer en marcha a realización dunha nova enquisa on-line que permita analizar o estado da convivencia escolar e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través da análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración no proceso de realización.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria contará con tempo na xornada escolar para acceder ao cuestionario.

O alumnado levará as claves de acceso persoais coas que todas as familias do centro poderán cubrir voluntariamente a enquisa on-line dende os seus domicilios.

O enlace de acceso á enquisa é: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

  A ENQUISA ESTARÁ OPERATIVA DESDE O 12 AO 29 DE ABRIL DE 2021

 (AMBOS OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS).

 



page | by Dr. Radut