Skip to Content

Blogues

O MAGOSTO

O venres 9 de novembro celebramos o Magosto. Fixemos xogos e comimos moitas castañas. Estaban moi boas!!!

Aquí podemos ver algunhas fotos.

 

            

 

         

 

         

VISITA DO MOUCHO

O venres 26 de outubro tivemos unha visita moi especial, veu o Moucho e contounos moitos contos.

Pasámolo moi ben!

sentímolo, flash non está dispoñible.

" Las Flores Bonitas"

Bettina pintou un cadro e entre todos na asamblea buscámoslle un título. O máis votado foi: Las flores bonitas.

Mirade que chulo!

Cumpleanos

Este mes celebramos os cumples de Aitara e Iago de catro anos e os de María e Adrián  de cinco anos. Trouxeron unhas ricas  tartas. Moitas felicidades  para todos.

 

           

 

As mestras de Infantil

Como este ano houbo cambios en infantil queremos presentarnos:

  • En 3 anos está a profe Zaida.
  • En 4 anos María Aba.
  • En 5 anos Montse.
  • A mestra de Inglés é Carmen.
  • A profe de apoio María.
  • A profe de Audición e linguaxe, mentres non volve Belén, é Sara.
  • A mestra de Relixión é Ana.

 

       

 

    


Abanos

Benvidos ao novo curso 2012-2013.

Como medramos este verán!

Para os primeiros días de calor fixemos uns abanos con moita ilusión.

Himno de la alegría

Aquí vos deixo o himno da alegría que tanto vos gustou o outro día.

Animade aos vosos pais e nais a escoitala e viaxar na máquina do tempo.

A nosa mascota da aula

Na porta da nosa clase puxemos un cabliño de mar, regalo de Antía, a filla da profe Montse.

Gústavos?

Cantando aprendo a hablar

Buscando material en internet, atopei uns videos moi interesantes e aos nenos e nenas lles resultan moi motivadores, está claro que mover a boca cunha canción é moi divertido.

Quizáis dentro de pouco sexan eles e elas os que aparezan no video.

Que o disfrutedes.

Pronto empezaremos a traballar

Con este blog espero poder ir facendo unha recopilación dos traballos máis interesantes que vaia facendo nas aulas e co alumnado que recibe apoio.

Tamén espero que nos sirva de axuda tanto aos nenos e nenas como as familias, que se poidan implicar no reforzo de certas dificultades, que atopen aquí o material que precisen.

Incluso, co tempo, quen sabe, podería ser un pequeno consultorio.

Un saúdo.

A Mestra de Audición e Linguaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut