Este ano as nenas e nenos de 1º E.P. investigaron e aprenderon moito sobre Isabel Zendal e a súa viaxe humanitaria. Aquí tedes un avance do traballo cinematrográfico que fixeron e que publicaremos máis adiante. Estade atentos e non volo perdades!
Para celebrar o Día Mundial do Trastorno do Espectro Autista o Equipo de Convivencia, en colaboración co Departamento de Orientación, organizaron charlas informativas durante o mes de abril. Estas charlas fixéronse a todos os niveis co fin de concienciar sobre o TEA e poñer en valor a importancia das diferenzas.
As nenas e nenos de 5 anos achégannos esta bonita entrevista a unha das mulleres mais importantes na historia da ciencia e na exploración do espacio: Valentina Tereshkova. Mirade cantas cousas interesantes nos contan dela!