Skip to Content

Buscando o logo para o noso cole

Unha das primeiras actividades que queremos desenvolver enmarcada no PDI Paseando con Emilia é identificarnos coa escritora galega. Como ben sabedes, o noso centro non ten imaxe ou logotipo que o identifique, por este motivo queremos promover un concurso de ideas entre o alumnado para seleccionar un logotipo que sirva para identificarnos.

A imaxe deberá ter estas características:

  • Terá algunha referencia a Emilia Pardo Bazán. 
  • Incluirá o texto CEIP Emilia Pardo Bazán (se se fai a man a fonte escolleraa o equipo de valoración) 
  • Colores principais (a combinar co branco ou o negro): Laranxa (Se o facedes dixital: Código RGB: E26931 - Flame) e Azul (Se o facedes dixital: Código RGB: 2176AE - Star comand blue) 

Haberá un Equipo de valoración que determine a imaxe seleccionada, estará formado por membros do consello escolar:

  • Equipo directivo
  • Representantes do profesorado
  • ANPA Milnenos
  • Representantes de nais/pais (que non teñan fillos/as concursando)

Consellos:

  • Pensade na escritora e na relación do colexio co barrio.
  • Podedes crealos de xeito dixital, para o que podedes utilizar estas páxinas:

              -.  https://logotypemaker.com/

               -. https://www.onlinelogomaker.com/logomaker/?lang=es

O prazo de recepción das obras será o venres 11 de decembro. A obra seleccionada anunciarase o 22 de decembro. Se o facedes en papel teredes que entregalo ao voso titor/a, no caso de facelo de xeito dixital podedes envialo a bibliotecaepb@gmail.com

 

Animámosvos a participar, agardamos as vosas creacións!



story | by Dr. Radut