Skip to Content

VISITA AO MERCADO DE MONTE ALTO E Á TENDA DE ANTÓN

Despois de aprender tantas cousas sobre froitas principalmente, verduras e outros alimentos, decidimos visitar un mercado de verdade! Fumos ao mercado do barrio de Monte Alto, alí teñen moitos postos con produtos frescos e ademáis está a "Tenda de Antón", un mercado para nós de xoguete! Foi un experiencia moi bonita, os vendedores/as tratáronnos moi ben, vimos como traballan e como funciona un mercado de verdade.

Nós tamén fixemos as nosas compras para facer unha merenda no colexio.

Na charcutería mercamos o queixo.

E na panadería mercamos o pan.

Tamén mercamos na froitaría para facer unha macedonia, varias froitas: amorodos, uvas, kiwis, mazás, peras, plátanos.

Pero tamén mercamos algo máis, peixe, na peixaría.

Vimos os camaróns.

E vimos máis postos do mercado, ainda que non mercamos nada.

A polería.

Na carnicería, amosáronnos unha cachucha.

E fomos tamén a unha tenda que tiña mel, queixos, marmelo e ovos que mercamos.

Qué bo estaba o queixo con pan que tomamos ao chegar ao colexio.

Na tenda de Antón pasámolo moi ben xogando a ser nós os tendeiros e os mercantes. 

Na peixaría.

Na panadaría.

Na froitaría.

 

 

 

anterior     posterior



blog | by Dr. Radut