No mes de xuño sempre se escoita a canción de fin de curso, a risada inesperada e o alboroto da aula coas clases rematadas.
O mes de xuño cheira a calor no patio, a manciñas suadas e a presas polo corredor.
O mes de xuño sabe a auga fresca da fonte, á mazá da última hora e a aperta de despedida.
Pero este fin de curso será diferente!
Votaremos en falta os ensaios, a calor das gardas de patio e as gotas de suor das horas de baile.
Dirémonos adeus coa man, cos ollos e un sorriso.
Despedirémonos coa pena da distancia pero coa certeza de que volveremos axiña e máis fortes.
Pero non podemos quedar sen fin de curso, así que preme na nosa orla e desfruta.
ATA SEMPRE!!!
Moitas grazas a Sara Domínguez (mamá de Adri) pola orla e a Armando Herrero polo vídeo.