De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 30-09-2022 Resolución do 19 de setembro de 2022 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:
- A Directora do Centro.
- Un representanrte do profesorado.
- Un representante de nais/pais.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
CANDIDATURAS NAIS/PAIS