Skip to Content

COMUNICADO ÁS FAMILIAS SOBRE A FOLGA

 

O xoves día 10 de setembro os sindicatos convocaron unha folga do ensino.

O claustro de profesores do Ceip Emilia Pardo Bazán apoia esta folga de forma unánime, e tiñamos pensado asistir ás mobilizacións para dar visibilidade ás reivindicacións plantexadas, pero onte pola tarde a Consellería de Educación publicou uns servizos mínimos totalmente abusivos que vulneran o noso dereito á folga.

En anteriores folgas só tiñan que asistir un membro do equipo directivo e un traballador non docente, pola contra, na de mañá, temos que acudir un profesor por cada grupo de alumnos, e o director ou un membro do equipo directivo.

Ante ditas medidas, e coa comunicación de que desobedecer eses servizos pode supoñer abrirnos un expediente disciplinario que supón a suspensión de emprego e soldo, non nós queda outra que acudir todos ao colexio.

O claustro de profesores imos concentrarnos, todos vestidos de negro, diante das escaleiras da entrada principal, ás 8.40h e ás 14.15h para expresar o noso rexeitamento aos servizos mínimos e o noso apoio á folga.

Tamén queremos aproveitar para dar todo o noso apoio as demandas reflectidas no comunicado publicado pola ANPA despois da súa reunión.

Moitas grazas pola solidariedade que estades demostrando e moito ánimo.



noticia | by Dr. Radut