Clic na imaxe para agrandar
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ENLACE
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar no Enlace, seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Ao final, premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos no centro asinados polos dous proxenitores ou, se é o caso, por un proxenitor e copia da sentencia xudicial onde se recolla que ten a custodia do menor en exclusiva.
Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa
(Tfono. 982 82 81 33).
|
Impreso en Galego
|
Impreso en Castelán
|
Calendario do proceso e Normativa |
|