FESTA DOS MAIOS
27/04/2023 22:06
Europe/Madrid
A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o revordecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza ( Vicente Risco).
Bonitas palabras que lle adicaba o autor a esta festividade. No colexio queremos seguir con esta tradición tan bonita como son Os Maios, polo que precisamos que dende a casa nos axudedes para realizar o noso Maio.
O día 5 de maio será a data de celebración, para as nenas e nenos do colexio.
O equipo de dinamización da lingua galega, deixa a información a continuación.
Grazas pola vosa colaboración.