Eventos
TAMÉN QUEREMOS RECORDARVOS QUE DURANTE ESTE PERÍODO, O HORARIO DE ENTREGA E RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO SERÁ DE 10:00 A 13:00 HORAS.
PARA CALQUERA CONSULTA, PODEDES TAMÉN CHAMAR AO TELÉFONO DO CENTRO 981431848 OU ESCRIBIR AO NOSO CORREO ELECTRÓNICO: ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal
Dende hoxe, 28 de xuño, atópase no taboleiro da entrada do colexio a relación de admitidos e excluídos para as axudas do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para compra de libros e material escolar.
No seguinte enlace, introducindo o DNI do solicitante, podedes acceder á resolución da solicitude.
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/prv/CidadanSolListaxe-buscar.action
Recordade que, dende hoxe, hai dous días hábiles para reclamacións a esta resolución.
Será o vindeiro 3 de xullo cando se publique a listaxe definitiva, podendo pasar a recoller os vales dende o seguinte día, 4 de xullo.
Con este precioso vídeo montaxe, elaborado polo mestre Gonzalo, ao que dende aquí queremos darlle unha merecida ovación polo traballo realizado neste curso escolar en relación coa montaxe de material audiovisual, despedímonos do Proxecto Documental Integrado deste curso escolar ""A Volta ao Mundo", onde toda a rapazada do centro se involucrou e disfutou ao máximo durante todo o curso escolar.
Tamén queremos darvos as grazas ás familias, pola gran acollida, bo facer e todas as palabras de agracedemento recibidas estes días sobre a EXPO final.
Pasade un feliz verán! O equipo de mestras e mestres do Eladia Mariño!
Deixamos a continuación, os vídeos elaborados polo mestre Gonzalo das saídas a pobo Aventura e á Cooperativa Campo Capela, para que os protagonistas destas saídas poidades disfrutar recordando estás excursións.
O vindeiro curso, seguiremos viaxando!
SAÍDA A POBO AVENTURA
3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA