Eventos
Xa tedes dispoñible o resumo de actividades que se levaron a cabo na Semana das Letras Galegas neste curso escolar.
Grazas a todo o alumnado e familias que participáchedes destas actividades.
Neste primeiro vídeo podedes ver un resumo da obra teatral realizada pola aula de 5º de educación infantil sobre a vida e obra do autor Francisco Fernández del Riego, momentos da realización do mural de Laura Romero "Mulleres Galegas Ilustradas" e entrevista na radio; por outra banda a exposición e lectura no patio dos Minilibros elaborados polo alumnado. Por último, veredes o derradeiro momento, co acto final, onde familias, rapazada e profesorado do colexio cantaron, acompañados do son de gaitas, o himno galego.
Este segundo vídeo recolle a actividade "O galego dá moito xogo", realizada nas sesións de educación física e psicomotricidade.
Por último deixamos o produto final do mural de Mulleres Galegas Ilustradas de Laura Romero, xunto cun enlace ao podcast da entrevista, que o alumnado de 6º de educación primaria lle realizou nese día, dende a nosa radio escolar "Radio Cabanas".
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/689
Grazas ao Concello de Cabanas e a ANPA o Castiñeiro pola súa colaboración nestas actividades.
Dende o equipo de EDLG, deixamos un enlace ao Blogue Dálle á lingua, do Eladia Mariño, onde podedes ver un resumo das distintas actividades realizadas durante o curso escolar relacionadas co fomento do uso do galego no centro: https://eladiadallealingua.blogspot.com/
Podedes ver nestes dúas presentacións as actividades que se fixeron no centro nesta Semana do Libro 2023.
No primeiro deles, podedes adiviñar cal é o libro favorito de cada nena ou neno do noso colexio, e tamén, buscarvos entre as imaxes.
Grazas por tan alta participación.
O segundo dos vídeos, foi elaborado polo alumnado de 4º e 6º de primaria, onde nos explican á perfección cal é o proceso de elaboración dun libro.
De seguro, disfrutaredes moito co marabilloso traballo que fixeron.
A continuación...COMO SE FAI UN LIBRO.
As nenas e nenos do Eladia berran NON ao acoso escolar.
Como nos recorda o rap de El Langui:
LA FUERZA DEL VALIENTE ESTÁ EN EL CORAZÓN
A ANPA "O Castiñeiro" ten preparado para un mes de xuño unha morea de actividades.
Podedes velas a continuación.
O alumnado de 3º de Educación Primaria, beneficiario de axudas no curso 2022/2023 está obrigado a devolver todos os libros comprados coa dita axuda, no centro, antes do 21 de xuño.
A non devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros e da convocatoria de axudas. Ademais, unha vez revisada a información das devolucións a consellería reclamará ás familias o importe da subvención concedida para este curso para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.
Para evitar agrupacións de persoas no centro educativo propoñemos o seguinte plan para a devolución dos libros de texto:
Na semana do 12 ao 16 de xuño o alumnado irá deixando os libros na aula, onde a titora fará un reconto dos libros devoltos. Logo do reconto, os días 20 e 21 de xuño, desde a dirección do centro poñerémonos en contacto con aquelas familias ás que lles quede algún libro por entregar.
Calquera dúbida, podedes consultar na secretaría do centro.