Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 22/05/2023 14:39
Xa tedes dispoñible o resumo de actividades que se levaron a cabo na Semana das Letras Galegas neste curso escolar. Grazas a todo o alumnado e familias que participáchedes destas actividades. Neste primeiro vídeo podedes ver un resumo da obra teatral realizada pola aula de 5º de educación infantil sobre a vida e obra do autor Francisco Fernández del Riego, momentos da realización do mural de Laura Romero "Mulleres Galegas Ilustradas" e entrevista na radio; por outra banda a exposición e lectura no patio dos Minilibros elaborados polo alumnado. Por último, veredes o derradeiro momento, co acto final, onde familias, rapazada e profesorado do colexio cantaron, acompañados do son de gaitas, o himno galego.
Este segundo vídeo recolle a actividade "O galego dá moito xogo", realizada nas sesións de educación física e psicomotricidade.
Por último deixamos o produto final do mural de Mulleres Galegas Ilustradas de Laura Romero, xunto cun enlace ao podcast da entrevista, que o alumnado de 6º de educación primaria lle realizou nese día, dende a nosa radio escolar "Radio Cabanas".
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/689
Grazas ao Concello de Cabanas e a ANPA o Castiñeiro pola súa colaboración nestas actividades. Dende o equipo de EDLG, deixamos un enlace ao Blogue Dálle á lingua, do Eladia Mariño, onde podedes ver un resumo das distintas actividades realizadas durante o curso escolar relacionadas co fomento do uso do galego no centro: https://eladiadallealingua.blogspot.com/
Start: 22/05/2023 22:51
Podedes ver nestes dúas presentacións as actividades que se fixeron no centro nesta Semana do Libro 2023. No primeiro deles, podedes adiviñar cal é o libro favorito de cada nena ou neno do noso colexio, e tamén, buscarvos entre as imaxes. Grazas por tan alta participación.
O segundo dos vídeos, foi elaborado polo alumnado de 4º e 6º de primaria, onde nos explican á perfección cal é o proceso de elaboración dun libro. De seguro, disfrutaredes moito co marabilloso traballo que fixeron. A continuación...COMO SE FAI UN LIBRO. |