As nais, pais ou titores legais do alumnado matriculado no CEIP do Xurés teñen ao seu dispor unha app de comunicación chamada abalarMóbil.
abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos ás notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Acceder aos datos persoais
- Consultar as cualificacións
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Consultar as faltas de conduta
- Solicitar unha cita de titoría
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado
- Modificar o idioma da aplicación
A continuación, adxúntase un documento, a modo de titorial, que facilita a descarga e uso desta aplicación.