Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

   Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/25: 

PRAZO DA SOLICITUDE :  21 DE MAIO A 21 DE XUÑO INCLUÍDOS.

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria

fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º,4º,5º,6º de Educación Primaria. 

- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria

ORDE DA CONVOCATORIA. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0...

Formas de presentación da solicitude :

As solicitudes presentaranse  por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no Centro cubrindo os anexos II e II

Listaxe provisional admitidos: 12 xullo (Porta Centro Escolar)

Listaxe definitiva admitidos: 26 xullo (Porta Centro Escolar)

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR

- Anexo I e II (Descargar )

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia).

-Calquera outra documentación que indique a convocatoria.

 

 Fornelos de Montes, 21 maio de 2024

 

AnexoTamaño
dubidas fondo libros.pdf523.94 KB
anexo I e II.pdf1.88 MB