.TERCEIRA AVALIACIÓN. ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS

Estimadas familias:

Confirmar que a terceira avaliación terá un caracter de repaso,recuperación e reforzo polo que non se avanzarán nos contidos do temario.

As tarefas a realizar subiranse nos blogues, como ata agora, polo que é necesario que o alumnado entre neles. Alí estarán as tarefas que deberedes realizar e reenviar aos titores, polo método que eles vos indiquen.

Tamén informarvos que se precisades imprimir algo, o Concello habilitou o correo rexistro@fornelos.com ao que podedes enviarlle os arquivos, co voso nome e dirección, que eles se encargarán de acercárvolos a casa.

Calquera incidencia,dificultade de acceso aos blogues , problemas de conexión dixital ....podedes escribir ao correo do Centro ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es ou comunicarllo aos titores para intentar resolver a situación.

Moito ánimo que xa queda menos!!

Fornelos de Montes,21 abril 2020