Skip to Content

NOVAS

Blogues

A NENA E O GRILO

"A nena e o grilo" é un fantástico libro disco de música infantil en galego composto por Magín Blanco e que conta coa colaboración de grandes figuras da escea musical galega como Uxía Senlle, Ugía Pedreira ou Guadi Galego. Está editado por Oqo e está formado por unha serie de contos musicados que nos invitan a soñar, pensar e disfrutar. Podedes botar unha ollada a este artículo: http://www.oqo.es/editora/gl/content/nena-e-o-grilo.

As ilustracións son de Iván Prieto e moitas destas cancións interpretámolas na aula de música: "Vou do revés", "Nena botánica", "Era festa", "O meu país" ou "Camiño das estrelas".

A presentación deste disco contou con unha dramatización destes contos que esperamos se repita no futuro porque foi unha auténtica marabilla.

Deixo un enlace de Magín Blanco interpretando "A nena e o grilo".

TIC TAC

O libro-disco de música infantil en galego "Tic Tac" de Pablo Díaz é un dos máis destacados dos últimos anos.

Cada unha das cancións ten un debuxo feito por Marc Taeger (actualmente vive en Marín), uns dos ilustradores máis aclamados polos cativos/as e que traballa para a Editorial Kalandraka.

Algunhas das cancións son instrumentacións de contos, como "O crocodilo e a xirafa" que está adicada ó conto "Unha parella diferente".

O ano pasado, no Correlingua celebrado en Bueu, disfrutamos moito con unha actuación en directo na que nos adicaron algúns temas a tódolos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria.

Na aula de música traballamos con moitos dos temas deste disco que interpretamos vocalmente co acompañamento da guitarra acústica.

Se queredes mercar un bo disco este é unha boa opción.

Deixo un video coa canción principal do disco e unha actuación dos nenos e nenas de terceiro de primaria interpretando "O libro".

A disfrutar da música rapaces e rapazas!!!

 

 

 

A AULA DE MÚSICA DE PRIMARIA

Con estas fotos da aula de Educación Musical de Primaria queda inaugurado este blogue no que, paseniño, irei colgando recomendacións de discografía infantil, enlaces de interese, material didáctico, noticias relevantes e algunha sorpresa na que o propio alumnado será o protagonista.

Un saúdo do profe de Música!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut