Skip to Content

NOVAS

Secretaría

Tarifas e fichas de inscrición do Plan Madruga e Comedor

Nos documentos adxuntos podedes descargas as tarifas e fichas de inscrición do Plan Madruga e do Comedor

LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUIDAS DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

Relación provisional de:

  • Solicitudes admitidas
  • Solicitudes excluídas por algunha das seguintes causas:presentada fóra de prazo, falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación,falta da devolución dos libros de texto adquiridos coa axuda do curso 2016/17.

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous(2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 

Horario de secretaría: 9:30h a 11:30h.

A relación definitiva de solicitudes admitidas e, de ser o caso, a de excluídas, publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro

Libros de texto curso 2016-2017

Informamos de que os libros de texto correspondentes ao curso 2016-2017 serán os mesmos que para o curso 2015-2016.

IMPORTANTE:

No caso de 6º de Educación Infantil (5 anos), DÉBESE ESPERAR E NON MERCAR AÍNDA NINGÚN MATERIAL IMPRESO.

No resto dos cursos, recoméndase, antes de encargalos, poñerse en contacto co centro, xa que nalgún caso pode ocorrer que non sexa preciso realizar a compra.

 

Para consultar o listado, pódese acceder ao seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/system/files/Libros%20de%20texto%202015-2016.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut