Taboleiro

AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ATA O VENRES 22 DE XUÑO ÁS 14:00H

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018/19

   COMEDOR ESCOLAR 18/19

PRAZO ENTREGA SOLICITUDES

 

As solicitudes débense entregar  na ADMINISTRACIÓN dende mañán ata o XOVES 28 deste mes.

 

Segundo se recolle na INSTRUCIÓN 2/2018, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, DO 4 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2018-2019 “de existir máis solicitudes que prazas autorizadas no comedor escolar, o Consello Escolar revisará e baremará as ditas solicitudes”.

Por tantotodas as familias que soliciten comedor (as que xa estaban e as de nova incorporación) deberán presentar no colexio (do 12 a 28 de xuño, ambos inclusive) toda a documentación pertinente atendendo aos seguintes criterios de preferencia:

1.  

Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

2.  

Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

3.  

Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente mediante documento expedido para o efecto polos/as respectivos empregadores/as, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de AdministraciónTributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réximecorrespondente, de habelas, e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

4.  

Outro alumnado do centro. Neste supostos atópanse tamén os escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.

 

5.   

Volante  do PADRÓN MUNICIPAL no que figuran todos os membros da unidade familiar (expedido neste ano e cunha antigüidade de pòlo menos 1 ano)

 

IMPORTANTE PARA O CÁLCULO DA RENTA

Para o cálculo do importe a pagar en función dos ingresos ( renta),  terase en conta a declaración ou declaracións correspondente ao 2017. Os cálculos poden fecer no seguinte endereso:

 https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

    ou realizando o seguinte cómputo:

 

              casillas 415+435-557 dividido entre o número de membros da unidade familiar.

 

HORARIO DE ADMINISTRACIÓN:

LUNS : DE    9:00h A 14:00h

            DE 16:00H A 18:00H

 

DE MARTES A VENRES DE  9:00h A 14:00h

 

LISTAS PROVISIONAIS:   VENRES 29 de xuño

PRAZO DE RECLAMACIÓN:  Ata venres 6 de xullo

 

 

LISTAS DEFINITIVAS: Primeira semana de setembro

 

AUTODECLARACIÓNS

 

As autodeclaracións (onde se especifica o importe que aboará cada alumno/a), debe entregarse ata o día 11 de setembro. Imprescindible telo entregado para poder acceder ao servizo de comedor escolar. 

 

IMPORTANTE: UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A

 

Para descargar a SOLICITUDE premede neste enlace

Para descargar a AUTORIZACIÓN premede neste enlace.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

 

 

 

O día 21 de maio de 2018 publicouse no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texo e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros sostidos con fondos públicos

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS:

3º e 4º 5º e 6º de E. Primaria no vindeiro 2018/19. 

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ (6 libros de texto)

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€ (4 libros de texto) o Tutelados pola Xunta de Galicia ou discapacidade igual ou superior ao 65% (6 libros)

o Devolver os libros de texto do curso actual recibidos do fondo solidario.

· A ENTREGA DOS LIBROS para o curso 18/19 comunicarase na circular de fin de curso.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS:

1º e 2º de E. Primaria.

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 170€

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€

o Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que marque o centro

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

· As axudas serán solicitadas por: os pais, as nais ou os titores ou os representantes legais do alumnado.

· A solicitude será ÚNICA para TODOS os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 18/19 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderase presentar a solicitude nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistro establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· As solicitudes (Anexo I) poderán obterse no centro, nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.gal, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

· A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos do fondo solidario.

· O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 4 de xuño de 2018, este incluído.

 

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

INSTANCIA  https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/35322

 

INFORMACIÓN DO CENTRO

https://www.dropbox.com/s/28jn65inimelr6i/INFORMACI%C3%93N%20FAMILIAS%202018.20180522171917.pdf?dl=0&raw=1

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

 

 

                                                                                                      

 

 

Listaxes aprobadas no Consello Escolar de 23 de abril de 2018.

 

De acordo co artigo 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo, contra esta relación, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

 

RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

 

Recordamo que esde o xoves día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2018/19.

ADMISIÓN CURSO 2018/19

  

 

 

 

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os prazos de presentencion de solicitudes de reserva de praza e de admisión para o próximo curso 2018/2019, serán os seguintes:

  • Reserva de praza en centros de adscrición: do 1 ao 15 de febreiro de 2018, ambos incluídos
  • Solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos
 

A solicitude de posto escolar será única e presentarase no centro no que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

01. CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2018-19

02. VACANTES CURSO 2018.19

03. INFORMACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO  E DOCUMENTACIÓN A APORTAR

04. ZONIFICACIÓN ESCOLAR CULLEREDO 2018

05. Solicitude admisión curso 17.18 PARA O NOSO CENTRO

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245, do 26 de decembro).

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53, do 15 de marzo).

 

 

LISTAXES DE SOLICITUDES DE FONDO LIBROS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Premendo nas imaxes inferiores, accédese ás listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para o préstamo de libros do programa FONDOLIBROS. Aparece o número de libros adxudicados a cada alumno e alumna. Na listaxe definitiva, que se publicará o 21 de xullo, xa se especifica cales son os libros que se lle adxudican a cada quen, e que se recollerán o 5 e 6 de setembro. O prazo de reclamacións abrangue dende o 14 ata o 20 do presente mes.

                                       

DATAS IMPORTANTES CURSO 2017/18