MODIFICACIÓN CÓMPUTO DE PRAZOS ADMISIÓN 2010/2021

 

O artigo 18da ORDE de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 15/03/13), modificada pola Orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 /02/2017) establece:

 

Cómputo de prazos

Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.”

Así pois , xa que o 20 de marzo é non lectivo, o prazo recollido no artigo 15 (Prazo de presentación da solicitude de admisión) amplíase ao día 23 de marzo.

O prazo recollido no artigo 17 ( Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta) amplíase ao 14 de abril.

 

INFÓRMASE destes prazos (artigo 13 da citada norma)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN  SOLICITUDES  DE ADMISIÓN…. 23 DE MARZO

 

 ENTREGA DE  DOCUMENTACIÓN SE A DEMANDA DE PRAZAS ESCOLARES É SUPERIOR Á OFERTA….14 DE ABRIL