LISTAXES ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17
No Consello Escolar de 30 de xuño, aprobáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido para o Comedor Escolar do curso 2016/17. O prazo de reclamación contra estas listaxes, está aberto dende o 1 ata o 8 de xullo. Pódense presentar devanditas reclamacións na secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:00h.
As listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou consultalas PREMENDO NESTE ENLACE.
O alumnado que entregou a solicitude fóra de prazo, formará parte dunha lista de espera ordenada cronolóxicamente que será resolta no mes de setembro.