Skip to Content

Colectivas

SAÍDA DIDÁCTICA 3º/4º E.P

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de E.P fixo unha saída á Coruña para asistir ao concerto didáctico da orquestra sinfónica de Galicia "Walt e Diana". As nenas e nenos viaxaron ao mundo Disney a través das bandas sonoras de pelis coñecidas para tod@s.

8M

Actividades Día Internacional da Muller

DEPORTE INCLUSIVO

Álbum: Curso 2022-2023 -> Deporte inclusivo

Despois da nosa carreira solidaria, contando de novo con ENKI PROYECTO, seguimos valorando a importancia de traballar por un mundo máis xusto, solidario e inclusivo.

O presidente do clube Deportivo Inclusivo Enki e outros deportistas faláronnos sobre a inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte. Foi unha charla moi positiva.

PLAN DIRECTOR: CHARLA CIBERSEGURIDADE

Continuando coa formación que recibiu o alumnado sobre riscos de internet e redes sociais, esta vez foi a quenda para profesorado e familias. 

Esta charla está dentro das actuacións levadas a cabo dentro do PLAN DIRECTOR.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut