Hoxe martes 19 de maio publicouse no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar detinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria eeducación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.
O prazo de presentación de solicitudes abarcadesdeo 20 de maio ata o 19 de xuño (incluído) de 2020.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDOLIBROS, SEDE ELECTRÓNICA ou enviando ao CORREO DO CENTRO (ceip.teixeiro@edu.xunta.gal) a solicitude coa documentación requirida.
Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 10:00 a 12:00, respectando as medidas sanitarias en vigor (mascarillas...) e as establecidas polo propio centro.
De houber colas de espera, realizaranse mantendo a dstancia de seguridade.
A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta onvocatoria:
ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS.
CORRECCIÓN ERRATA
Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658:
O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.