O día 28 de outubro os cursos 5º e 6º de Primaria participaron nunhas charlas promovidas polo Concello sobre hixiene postural e dieta saudable.
Os dous poñentes, apoiándose nunha presentación en Power-Point e con exemplos prácticos, explicaron normas moi sinxelas para levar a cabo na nosa vida cotiá e, deste xeito, coidar o noso corpo.