O pasado 6 e 7 de xuño, o alumnado de sexto de educación primaria realizou o xa clásico Turonia na edición 2024. Esta actividade xuntou aos cinco coles de Sobrada, Tebra, Barrantes, Caselles e Goián para realizar a actividade do Turonia.
O xoves, na primeira xornada, o alumnado realizou unha ruta en bici saíndo do colexio Pedro Caselles ata chegar ao punto de inicio da andaina do día, a Chan do Cereixo. Ao mediodía xantouse no Gampuzana, onde se realizaron actividades de orientación. Finalmente, a andaina proseguiu ata o colexio de Barrantes, onde rematou a primeira xornada, iso si, despois de instalar as tendas de campaña e ter unha xornada musical para rematar o día.
O segundo día iniciou coa ruta en bici, saíndo de Barrantes, que nos levou ata Goián. Despois de facer unha parada para merendar, onde realizamos actividades como o slackline ou a análise de macroinvertebrados. Finalmente, rematou a tarefa de Turonia coa actividade de piraguas, onde o alumnado rematou indo a ruta de bici ata o colexio Pedro Caselles. Esta xornada foi moi activa para todo o alumnado, sendo un éxito na participación de todos, como punto para despedir de forma activa o curso 2023-2024.
Ademais, os máis pequenos do cole tamén fixeron unha saída o venres 7 para conmemorar o mini Turonia, onde realizaron unha ruta circular nas inmediacións do colexio de Tebra.