Curso 2011-2012

Xornadas Culturais 2012, contacontos Kalandraka

O pasado mércores día dezaseis o alumnado de infantil e primeiro ciclo tiveron a visita de Olaia e Marc, contacontos e ilustrador da editorial Kalandraka. Esta actividade enmárcase dentro das Xornadas Culturais deste ano e tamén a podedes ver no BLOG DA BIBLIOTECA.

Xornadas Culturais 2012, contacontos Susa Herrera

O mércores 23 o alumnado de infantil e primeiro ciclo tivo a sorte de asistir a unha sesión de CANTACONTOS de Edelvives levada a cabo por Susa Herrera. Actividade programada dentro das Xornadas Culturais deste ano e que podedes ver tamén no BLOG DA BIBLIOTECA.

SUSA HERRERA-Cantacontos por ceipsobrada

Xornadas Culturais 2012,Francia

O pasado venres 25 tivemos a visita dunha nai francesa chamada Dely. Ela contoulles ó alumnado de 3º un pouquiño como era o seu país, así como os seus aspectos culturais. Para rematar fíxonos un postre salgado típco de Francia, un "Quiche Lorraine". Mmmmm..riquísimo!!!

Agradecidos Dely!

Xornadas Culturais 2012, Colombia

Desta vez o alumnado de 1º e 3º ciclo recibiu a visita dun familiar de Colombia. 
Ensinounos como era o seu país, falounos de persoas importantes colombianas e, como non, conotounos un pouquiño como eran as súas costumes e a súa cultura. 
Estámoslle moi agradecidos por poder compartila con nós.

Xornadas Culturais 2012, Uruguai

Desta vez aprendemos de Uruguai. Silvia Olivero é uruguaia e nai dun alumno do noso cole. 
Falounos do seu país, da súa gastronomía, costumes, música, etc. 
Co alumnado de 2º ciclo fixo uns Alfajores coa súa posterior degustación. 
No apartado musical, todo o alumnado de 2º ciclo construiu unha especie de tamborciño co que tentaron imitar un tipo de música tradicional uruguaia, o Candombé.

Festival 2012

O festival en imaxes.

FESTIVAL 2012 from ceip sobrada on Vimeo.

Baile de despedida do festival no que participaron alumnado, profesorado, familias e todo o mundo que alí estivo.

BAILE DE DESPEDIDA from cole de sobrada on Vimeo.

Performance titulada "Armando Graffiti", realizada e interpretada polo alumnado do 3º ciclo.

ARMANDO GRAFFITI from csobrada on Vimeo.

Baile interpretado polo alumnado do 2º ciclo como remate final da súa obra.

BAILE 2º CICLO from cole de sobrada on Vimeo.

Obra titulada "A lenda de Kirikú" realizada polo alumnado do 2º ciclo.

A LENDA DE KIRIKÚ from cole de sobrada on Vimeo.

Baile realizado polo alumnado do 1º ciclo.

BAILE 1º CICLO from csobrada on Vimeo.

Obra de teatro titulada "O consello de Facundo" realizada polo alumnado do 1º ciclo.

O CONSELLO DE FACUNDO from ceip sobrada on Vimeo.

Canción titulada "A cor do corazón" e interpretada polo alumnado de infantil.

CANCIÓN A COR DO CORAZÓN from ceip sobrada on Vimeo.

Obra de teatro titulada "A cor do corazón" realizada polo alumnado de infantil.

A COR DO CORAZÓN from ceip sobrada on Vimeo.

Exposición de inverno

Como xa vén sendo habitual, o noso alumnado coa colaboración das súas familias elaboraron estas marabillosas obras de arte adicadas á paz e á tolerancia. Cada vez estamos máis abraiados con estas construcións familiares. Parabéns!!!!

Postais premiadas

Estas bonitas postais foron as gañadoras do concurso de postais navideñas celebrado  no cole, no que participou todo o alumnado, o xurado o tivo realmente  moi dificil,  finalmente éstas foron as seleccionadas. 

POSTAL GAÑADORA DE INFANTIL

POSTAL GAÑADORA DE 1º CICLO

POSTAL GAÑADORA DE 2º CICLO

POSTAL GAÑADORA DE 3º CICLO

Parabéns a tod@s!!!

PREMIADOS NO CERTAME LITERARIO

Esta é a relación de participantes premiados no IX CERTAME LITERARIO do Ceip de Sobrada. Os premios e diplomas entregaranse o día 21 de decembro.
Parabéns para o alumnado premiado!

ALUMNADO PREMIADO DO CEIP DE SOBRADA:

ALUMNADO PREMIADO DOS CENTROS PARTICIPANTES DO CONCELLO:

Powered by Drupal - Design by artinet