Organigrama

ORGANIGRAMA

ORGANOS DE GOBERNO

·         COLEXIADOS

o  CLAUSTRO: consta de vinte profesoras e profesores adscritos ós seguintes postos de traballo en funcionamento:

  •         3  profesoras en Educación Infantil
  •         profesoras en Educación Primaria
  •          2 profesores en Lingua Inglesa
  •         1 profesora en Educación Musical
  •          1 profesora en Educación Física
  •          1 orientadora
  •          1 profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica.
  •        1 profesora especialista en Audición e Linguaxe.
  •          1 profesora de relixión católica.

o        CONSELLO ESCOLAR: A composición do Consello Escolar do noso Centro ven determinada no número de representantes por sector polo número de unidades do mesmo, é a seguinte:

  • A Directora
  • A Xefa de Estudos
  • A Secretaria (con voz e sen voto).
  • A Representante do Concello
  • Cinco representantes do profesorado
  • Cinco representantes dos pais e nais de alumnos-as (1 deles designado/a pola ANPA).

               No seo do Consello Escolar funcionan tres comisións: comisión económica, comisión de convivencia, comisión de biblioteca.

·         UNIPERSOAIS: EQUIPO DIRECTIVO

Composición:

o  Directora

o  Xefa de Estudos

o  Secretaria (para coñecer os horarios de atención ó público, consultar en horarios de secretaria ou no apartado de horario escolar)

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

·         COMISIÓN PEDAGÓXICA:

               A Comisión Pedagóxica do centro está formada pola Directora, a Xefa de Estudos, a Orientadora, as profesoras de apoio (P.T. e A.L.), os coordinadores e coordinadoras dos distintos ciclos e a coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística                 e de Biblioteca.

 

·         EQUIPOS DE CICLO

o  Equipo de Infantil: formado polas profesoras de Educación Infantil, e profesoras especialistas en PT e AL.

o  Equipo do Primeiro Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas.

o  Equipo do Segundo Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas.

o  Equipo do Terceiro Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas .

 

·         EQUIPOS  DE DINAMIZACIÓN

    • O Equipo de Normalización Lingüística.
    • Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
    • Equipo de dinamización da biblioteca.
    • Equipo de dinamización das Tics.
    • Equipo de aprendizaxe cooperativo.
    • Equipo de deporte escolar.
    • Departamento de orientación

OUTROS EQUIPOS

En diversas ocasións ó longo do curso fórmanse equipos ad hoc con profesores/as como é o caso do deseño e programación de determinados proxectos de innovación ou da participación e dinámica de traballo dentro dos PFPP.

 

ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR

Contamos cunha Asociación de Pais e Nais de Alumnos e Alumnas.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet