Esta é unha porta negra cargada de palabras e debuxos negativos,simboliza a violencia, o maltrato, como apuntan os pequenos do cole: "a porta dos insultos" "a porta da maldade".Estanos invitando a pensar como podemos transformala nun espazo libre de violencia.
Ninguén debería ter que cruzar unha porta así e por iso, ao longo da semana nas titorías iremos transformando todos estos mensaxes negativos noutros positivos para conseguir que calquera esté desexando abrir esta porta que nos leva a un mundo mellor.
Iremos amosando este proceso de transformación e animándovos a que fagades o mesmo coas portas que vos atopedes nas vosas vidas.