Meteoescolas

PROXECTO DE EXCELENCIA

O noso centro foi galardoado cun PROXECTO DE EXCELENCIA realizado o curso pasado enmarcado no Plan Proxecta de Meteoescolas, organizado por Meteogalicia.

O título do proxecto era “ ARGALLANDO CO TEMPO. METEORÓLOGOS EN ACCIÓN”

Facendo clic na imaxe podedes acceder á memoria gráfica do proxecto.

MEMORIA GRÁFICA METEOESCOLAS

Durante este curso 2021-22, o alumnado de Ed. Infantil e o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de Primaria) participamos no PLAN PROXECTA METEOESCOLAS. Esta é a memoria de todas as actividades realizadas por ambos ciclos nas distintas áreas. Aprendimos moito!

INFANTIL EXPERIMENTA COA METEOROLOXÍA

Ó longo deste curso 2021-22 fixemos diversos experimentos relacionados cos fenómenos atmosféricos: Nubes chovendo, o arco da vella e o ciclo da auga.

ACTIVIDADES EN CADA CAMBIO DE ESTACIÓN

Coa chegada de cada estación do ano, o alumnado de Infantil realizou múltiples actividades para decorar as súas aulas, a entrada do cole e para aprender as características de cada unha delas. Estes son algúns exemplos:

INFANTIL VISITA A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Ao longo de todo o curso, as nenas e nenos de 4 anos visitamos en numerosas ocasións a estación meteorolóxica do colexio para comprobar o que chovera, a temperatura que facía, etc. Isto permitiunos comparar os datos obtidos segundo a época do ano.

REXISTRO DIARIO DO TEMPO INFANTIL

No momento da asemblea, en Educación Infantil, todos os días facemos rexistro do tempo meteorolóxico. Aquí tedes unha mostra de como facemos:

INFANTIL CÁNTALLE ÁS NUBES!

Ó longo deste curso participamos no PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS. Unha das actividades que fixemos no taller de música Infantil foi a montaxe deste video coa canción "NUBES" utilizando o efecto CROMA. Investigamos os tipos de nubes, creamos nubes para formar parte do decorado no video e aprendemos a canción. Aquí tedes o resultado!

Powered by Drupal - Design by artinet