Metodoloxía

CAAC. Aprendizaxe cooperativo

Esta metodoloxía baseada no programa CAAC ( Cooperar para Aprender e Aprender a Cooperar) comezou no noso centro polo curso 2010-2011. Dende aquela ata o día de hoxe segue sendo unha das principais sinais de identidade do centro.

 Con ela pretendemos:

  • Mellorar o clima de aula.

  • Facer ó alumnado responsable e protagonista da súa aprendizaxe.

  • Mellorar o desempeño de distintas competencias constantemente no noso alumnado ( Competencia Social e Cívica, Competencia en Comunicación Lingüística, Competencia de Aprender a Aprender, Competencia do Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor...) e todo o que iso implica ( dialogar, establecer obxectivos e cargos de grupo, poñerse uns compromisos persoais, discutir, argumentar, escoitar, decidir, e analizar os resultados mediante unha autoavaliación e unha coavaliación )

  • Favorecer a inclusión de todo alumnado, prestando especial atención ó alumnado con NEAE ( alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo)

  • Fomentar os modelos de ensinanza construtivos e cognitivos e os modelos de interacción social, así como o pensamento reflexivo, analítico e deliberativo.

  • Aportar información dunha maneira máis transparente ós estándares cooperativos presentes no currículo.

En conclusión, o que perseguimos con esta metodoloxía convértese nun obxectivo principal a acadar co noso alumnado ó longo das etapas de Infantil e Primaria, que sentarán as bases para o mellor desenvolvemento e desempeño nas etapas posteriores.

Powered by Drupal - Design by artinet