Documentos de Centro

PLAMBE

 

 biblioteca axexo

Que vos podemos contar da nosa andaina como biblioteca:

A Biblioteca Axexo leva moitos anos sendo o motor do centro, xa que un dos sinais de identidade do noso colexio é a aprendizaxe por proxectos e estes levanse a cabo mediante a procura e organización da información. Hoxe en día o emprego de internet está xeralizado en toda a sociedade pero non fai moitos anos, era indispensable pasar polo soporte papel (libros, xornais, revistas...) para obter información.

No ano académico 2010- 2011,  pasamos a formar parte do PLAMBE.

Ser partícipes deste proxecto de innovación  posibilitou  melloras en canto á xestión técnica, de espazos e recursos:

  • Informatizamos os recursos  co programa MEIGA (e outros como REBECA, que estan enlazados a partir deste).
  • Melloramos as  instalacións, dotando  ao espazo de mobiliario máis axeitado.
  • Adaptamos o etiquetado á linguaxe inclusiva cos pictogramas.
  • Implementáronse as novas fontes de información a través de dotacións económicas específicas para material informático, contando con ordenadores de sobremesa, portátiles e tablets para uso de toda a comunidade educativa así coma conexión a internet.
  • Adquiríronse Kits de Robótica para iniciarnos na linguaxe de programación.
  • Adquirimos fondos cada ano coa importante dotación económica do proxecto.
  •  Levamos a cabo actividades de formación ofertadas pola consellería, como son os encontros anuais de profesorado que forman parte do PLAMBE en Santiago e cursos específicos deformación documental e rexistro (tanto presenciais coma en rede).
  • Tratamos de saber o que acontece noutras bibliotecas de Galicia a través do foro de bibliotecas escolares.
  •  Nestes momentos temos catalogados mais de 6000 fondos.
  •  Na hora do recreo contamos coa colaboración de alumnado do 3º ciclo, que axuda nas tarefas de mantemento, colocación dos libros, publicación de artigos no blog da biblioteca, elaborar cartelería.

 

 

 

  • Celebrando as conmemoracións relacionadas co libro e a lectura (Día das BE, do libro, do teatro, da poesía...). 
  • Facendo talleres de animación á lectura "Ler e lecer" e de educación emocional.
  • Relizando sesións de contacontos organizadas polo equipode BE ou ofertados polas editoriais e outras entidades.
  • Organizando anualmente unha "feira do libro usado" na que poñemos á venda fondos expurgados (a prezos simbólicos).
  • Colaborando co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizando a actividade do Libro Liberado (bookcrossing).
  • Realizando a actividade da “Hora de ler” en todo o centro e que está recollida no Proxecto Lector, animando ás familias do alumnado a colaborar  reaizando sesións de contacontos e conferencias.
  • Poñendo en marcha a actividade das mochilas viaxeiras.

 

  • Contamos, en colaboración co EDLG, cun blog que serve de: plataforma dixital, con enlaces, novas sobre os libros e material audiovisual, recursos, itinerarios de búsqueda de información...
  • Programamos un Proxecto Documental Integrado Anual.
  • Utilizamos a BE para buscar información para os proxectos levados a cabo nas aulas.
  • Elaboramos materiais de formación de usuarios e usuarias e de educación documental.

Queremos recibir as vosas visitas!

“Sempre imaxinei que o paraíso

 sería algún tipo de biblioteca...” J.L BORGES

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet