Este equipo está coordinado por unha mestra que preferentemente continuará no cargo alomenos durante dous cursos seguidos.
Son competencias deste equipo:
➢ Presentar, a través do claustro, propostas ao equipo directivo para a fixación dos obxectivos que se incluirán no P.E.
➢ Elaborar, en colaboración co equipo directivo, o Proxecto Lingüístico. Unha vez aprobado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica lévase ao claustro para a súa posterior aprobación polo Consello Escolar. Este P.L. ten que ser revisado cada ano e renovado cada catro.
➢ Elaborar e dinamizar un plan de potenciación da lingua galega de actividades encamiñadas á consecución dos obxectivos propostos.
➢ Coordinar co equipo de Biblioteca as actividades complementarias que afecten aos dous equipos.
➢ Presentar, para a súa aprobación no Consello Escolar, o orzamento de investimento dos recursos económicos disponibles para estes fins.
➢ Serán competencias da coordinadora, entre outras, establecer as reunións necesarias para levar a cabo o programa previsto que, como mínimo será unha ao mes, preferentemente o último martes do mes.
➢ Así mesmo establecerá as reunións precisas para a elaboración da planificación de principio de curso, e para a memoria final.
As actividades desenvoltas por este Equipo de Dinamización da Lingua Galega reflíctense no blog do noso Centro: http://ceipsobrada.blogspot.com/