Xornadas Culturais 2012 día das Letras Galegas

17 de Maio, festexamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Esta celebración foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e polo seu compromiso na defensa do noso idioma.

Elixiuse esta data, o 17 de Maio, porque tal día coma ese, no ano 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural do galego.
Como sabedes, este ano homanaxeamos a un autor pontevedrés: VALENTÍN PAZ ANDRADE, un home loitador, defensor a ultranza dos seus ideais, que contribuiu enormemente á modernización do xornalismo en Galicia.
Para coñecer mellor a este autor, aquí vos deixamos os carteis que, sobre a súa traxectoria, elaborou o alumnado do cole e unha presentación confeccionada con eses mesmos carteis acompañados da interpretación de cada un deles para entender mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Powered by Drupal - Design by artinet