Co motivo da conmemoración do día da igualdade e a semana do bo trato e a diversidade, esta semana
e a próxima recibimos no centro charlas e obradoiros dirixidas ao alumnado de 5º e 6º promocionadas polo Concello de Tomiño a través do grupo Talentea.
O obradoiro " Conecta co bo trato" ten como obxectivos analizar e comprender os estereotipos e roles machistas, interiorizar a práctica do bo trato como ferramenta contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade de oportunidades entre nenos e nenas e analizar de forma crítica as representacións culturais de xénero e coñecer alternativas coeducativas.