ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22
Normativa: Decreto 254/2012, de 13 de diciembre, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P. de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P. de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I., de E.P., de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO (INCLUSIVE)
Formulario: Modelo ED550B.
Pode recollerse na secretaría do centro, ou ben descargalo da web: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/26924
Tamén se poderá facer a solicitude de admisión directamente ON LINE: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Para cada alumno/a só se pode presentar unha única solicitude, no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo (de ser o caso): do 23 de marzo ao 5 de abril
- Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril
- Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.
- PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 20-30 XUÑO
Centro adscrito ao noso: C.R.A. de Tomiño (Aulas de Carregal, de Taborda e de Amorín)
Instituto ao que está adscrito o noso centro: I.E.S. de Tomiño
Área de influenza do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorín, Piñeiro e Taborda)
Servizos complementarios: Transporte escolar, Comedor escolar, Aula matinal.