ORGANOS DE GOBERNO
· COLEXIADOS
o CLAUSTRO: consta de vinte profesoras e profesores adscritos ós seguintes postos de traballo en funcionamento:
- 3 profesoras en Educación Infantil
- 9 profesoras en Educación Primaria
- 2 profesores en Lingua Inglesa
- 1 profesora en Educación Musical
- 1 profesora en Educación Física
- 1 orientadora
- 1 profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica.
- 1 profesora especialista en Audición e Linguaxe.
- 1 profesora de relixión católica.
o CONSELLO ESCOLAR: A composición do Consello Escolar do noso Centro ven determinada no número de representantes por sector polo número de unidades do mesmo, é a seguinte:
- A Directora
- A Xefa de Estudos
- A Secretaria (con voz e sen voto).
- A Representante do Concello
- Cinco representantes do profesorado
- Cinco representantes dos pais e nais de alumnos-as (1 deles designado/a pola ANPA).
No seo do Consello Escolar funcionan tres comisións: comisión económica, comisión de convivencia, comisión de biblioteca.
· UNIPERSOAIS: EQUIPO DIRECTIVO
Composición:
o Directora
o Xefa de Estudos
o Secretaria (para coñecer os horarios de atención ó público, consultar en horarios de secretaria ou no apartado de horario escolar)
ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE
· COMISIÓN PEDAGÓXICA:
A Comisión Pedagóxica do centro está formada pola Directora, a Xefa de Estudos, a Orientadora, as profesoras de apoio (P.T. e A.L.), os coordinadores e coordinadoras dos distintos ciclos e a coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística e de Biblioteca.
· EQUIPOS DE CICLO
o Equipo de Infantil: formado polas profesoras de Educación Infantil, e profesoras especialistas en PT e AL.
o Equipo do Primeiro Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas.
o Equipo do Segundo Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas.
o Equipo do Terceiro Ciclo: formado polas titoras do ciclo e dous profesores especialistas .
· EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN
-
- O Equipo de Normalización Lingüística.
- Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
- Equipo de dinamización da biblioteca.
- Equipo de dinamización das Tics.
- Equipo de aprendizaxe cooperativo.
- Equipo de deporte escolar.
- Departamento de orientación
OUTROS EQUIPOS
En diversas ocasións ó longo do curso fórmanse equipos ad hoc con profesores/as como é o caso do deseño e programación de determinados proxectos de innovación ou da participación e dinámica de traballo dentro dos PFPP.
ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR
Contamos cunha Asociación de Pais e Nais de Alumnos e Alumnas.