CAMPUS DEPORTIVO VILANOVA-TOMIÑO

 Os concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira (Portugal) organizaran conxuntamente un campus deportivo que terá lugar nas dúas fronteiras o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de novembro.Nestes días haberá distintas modalidades deportivas na que participarán nenos e nenas dos dous concellos. Asimesmo, haberá algunha actividade que poidan realizar en familia.A programación consta do seguinte:

  • Venres 24 de novembro

Cerimonia de apertura do eveento con dous partidos de fútbol, amigable, entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galiza e Portugal. (16:30 horas) No pavillón municipal de Vila Nova da Cerveira.

  • Sábado 25 de novembro

Actividade de orientación en familia no parque Lazer Castelinho (Vila Nova da Cerveira) de 10:15 a 12:00 horas. Atletismo/Exhibición de Calistenia na área deportiva Mosteiro (A partir de 6 anos). De 16:30 a 18:00 horas. Tenis de Mesa no Pavillon de Sobrada (A partir de 10 anos). De 16:30 a 18:00 horas.

  • Domingo 26 de novembro

Piscina en familia.  Piscina Municipal de Vila Nova da Cerveira, ás 11:00 horas. Pilates en familia. Pavillón de Goián, de 12:30-13:30 horas

Powered by Drupal - Design by artinet