ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 14/15
Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P. de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS
- Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-20 de marzo
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de marzo ao 7 de abril
- Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril
- Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.
- Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño
Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)
Servizo complementario: Transporte escolar.
Os impresos pódense recoller no centro en horario de secretaría ( consultar na columna da esquerda ) ou descárgalos directamente da web ( facendo clic na foto de abaixo ).