Que vos podemos contar da nosa andaina como biblioteca:
A Biblioteca Axexo leva moitos anos sendo o motor do centro, xa que un dos sinais de identidade do noso colexio é a aprendizaxe por proxectos e estes levanse a cabo mediante a procura e organización da información. Hoxe en día o emprego de internet está xeralizado en toda a sociedade pero non fai moitos anos, era indispensable pasar polo soporte papel (libros, xornais, revistas...) para obter información.
No ano académico 2010- 2011, pasamos a formar parte do PLAMBE.
Ser partícipes deste proxecto de innovación posibilitou melloras en canto á xestión técnica, de espazos e recursos:
- Informatizamos os recursos co programa MEIGA (e outros como REBECA, que estan enlazados a partir deste).
- Melloramos as instalacións, dotando ao espazo de mobiliario máis axeitado.
- Adaptamos o etiquetado á linguaxe inclusiva cos pictogramas.
- Implementáronse as novas fontes de información a través de dotacións económicas específicas para material informático, contando con ordenadores de sobremesa, portátiles e tablets para uso de toda a comunidade educativa así coma conexión a internet.
- Adquiríronse Kits de Robótica para iniciarnos na linguaxe de programación.
- Adquirimos fondos cada ano coa importante dotación económica do proxecto.
- Levamos a cabo actividades de formación ofertadas pola consellería, como son os encontros anuais de profesorado que forman parte do PLAMBE en Santiago e cursos específicos deformación documental e rexistro (tanto presenciais coma en rede).
- Tratamos de saber o que acontece noutras bibliotecas de Galicia a través do foro de bibliotecas escolares.
- Nestes momentos temos catalogados mais de 6000 fondos.
- Na hora do recreo contamos coa colaboración de alumnado do 3º ciclo, que axuda nas tarefas de mantemento, colocación dos libros, publicación de artigos no blog da biblioteca, elaborar cartelería.
- Celebrando as conmemoracións relacionadas co libro e a lectura (Día das BE, do libro, do teatro, da poesía...).
- Facendo talleres de animación á lectura "Ler e lecer" e de educación emocional.
- Relizando sesións de contacontos organizadas polo equipode BE ou ofertados polas editoriais e outras entidades.
- Organizando anualmente unha "feira do libro usado" na que poñemos á venda fondos expurgados (a prezos simbólicos).
- Colaborando co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizando a actividade do Libro Liberado (bookcrossing).
- Realizando a actividade da “Hora de ler” en todo o centro e que está recollida no Proxecto Lector, animando ás familias do alumnado a colaborar reaizando sesións de contacontos e conferencias.
- Poñendo en marcha a actividade das mochilas viaxeiras.
- Contamos, en colaboración co EDLG, cun blog que serve de: plataforma dixital, con enlaces, novas sobre os libros e material audiovisual, recursos, itinerarios de búsqueda de información...
- Programamos un Proxecto Documental Integrado Anual.
- Utilizamos a BE para buscar información para os proxectos levados a cabo nas aulas.
- Elaboramos materiais de formación de usuarios e usuarias e de educación documental.
Queremos recibir as vosas visitas!
“Sempre imaxinei que o paraíso
sería algún tipo de biblioteca...” J.L BORGES