Skip to Content

5º CURSO. ACTIVIDADES SEMANA 15 A 19 DE XUÑO.

Bo día

Chegamos á derradeira semana deste curso tan atípico. Para rematar as actividades vouvos propoñer únicamente para esta semana escribir a vosa historia do confinamento e expliquedes como vivíchedes este tempo desde o principio ata esta nova normalidade que comeza hoxe. Botade man dos diarios que escribíchedes as primeiras semanas. Eso pode axudarvos a comezar. Poñede especial interese na ortografía, en non repetir palabras, en escribir con boa letra, en utilizar a puntuación adecuada... A extensión da redacción debe ser de dúas carillas. Tedes ata o xoves para envialo, porque as notas pubicaránse o venres 19 en ABALAR. Un último esforzo!!!

Mar



blog | by Dr. Radut