Actividades PROA da semana do 18 de maio para 3º e 4º
Bo día nenos e nenas
Hoxe é o Día Internacional dos Museos, 18 de maio. Para celebrar este día imos de excursión a Santiago de Compostela, máis concretamente á Cidade da Cultura. Un lugar con edificios moi grandes, varios parques e ata unha lagoa! Claro está tamén hai un museo moi grande.
Esta semana imos facer parte da visita da Exposición Galicia un relato no mundo. A nosa guía chámase a Raposa Fedellla e con ela imos viaxar ata a mesma Constantinopla e seguir os pasos da intrépida Exeria, a primeira muller escritora e peregrina da Península Ibérica.
Para comezar coa visita, simplemente tedes que descargar o arquivo pdf que vos aparece a continuación, ler as instruccións e resolver os desafíos que vos vai propoñendo a nosa particular guía.
As solucións dos desafíos están na mesma páxina onde aparece, para que poidades corrixir (están un pouquiño agochadas, pero vense ben)
Coa actividade final, non a peguedes na vosa neveira. Mandádema por correo a marinas@edu.xunta.gal. Con todas as imaxes imos facer un gran mural. Na mensaxe tamén tedes que dicirme se vos gustou a visita e se coñeciades antes a Exeria. Con 5 liñas é suficiente
Se despois de facer esta visita queredes saber máis sobre a Exposición, déixovos o enlace para facer unha visita virtual do que poderiades ver no Museo Centro Gaiás. (A visita a podedes facer en compañía da vosa familia.)
Por último se tendes calquer problema ou non entendes algo da visita, escríbideme ao correo que vos deixei antes.
Mariña
Adxunto | Tamaño |
---|---|
fedella_exeria_viaxaconelas.pdf | 548.91 KB |