Skip to Content

Blogues

Relixión

TAREFAS PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL

E.I.

 Ola nen@s! supoño que esta semana estades un pouquiño máis contentos porque xa podedes dar algún paseo!

Como este domingo é o día da nai ,  imos dedicarle un pouco tempo dende este espazo.

3 ANOS

-Escoitar a canción:

https://www.youtube.com/watch?v=kD8KBITswVU

-Ficha  para colorear a mamá

4 ANOS

-Escoitar a canción :

https://www.youtube.com/watch?v=kD8KBITswVU

-Ficha  repaso de Noé

- Colorear ficha para o día da nai. Si o prefires podes cambiala por un debuxo feito por ti.

5 ANOS

-Canción :

https://www.youtube.com/watch?v=kD8KBITswVU

-ficha repaso cousas creadas/fabricadas. Elixe ti as cores.

- ficha do día da nai.

Actividades e xogos PROA

Bo dia nenos e nenas, son Mariña, a profe de PROA, acordádevos de min? Eu de vós si eh!!

 Por iso vouvos mandar uns xogos que van servir de axuda a que vos acordedes do que fuchedes dando ao longo do curso.

Os atoparedes no arquivo adxunto así como as súas explicacións.

Espero que vos gusten e o pasedes ben!

 

Estes xogos os podedes facer en compañía con algún familiar, xa sexa un irmán ou unha irmá, ou os vosos pais. A cuestión é divertirse un anaco e de paso aprender 

 

Actividades e xogos PROA

Bo dia nenos e nenas, son Mariña, a profe de PROA, acordadevos de min? Eu de vós si eh!!

Por iso, vouvos achegar uns xogos que van servir de axuda a que vos lembredes do que fuchedes dando ao longo do curso. Estas actividades as poden facer todos os nenos e nenas dos dous cursos.

No seguinte arquivo adxunto atoparedes os xogos e as instrucción para poder facelos.

Espero que vos gusten e o pasedes ben!

Unha aperta,

Mariña

TAREFAS 3º CURSO SEMANA 27-30 ABRIL

Bo día nen@s!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas para esta semana. 

Lembrade visitar os blogs das diferentes especialidades para ver as tarefas que vos deixaron os especialistas esta semana. Ademáis,pasade polo blog da biblioteca... agárdavos unha sorpresa, seguro que vos gustará!!

Non esquezades que é a semana dos maios e tedes unha actividade proposta na páxina principal.

Unha aperta da vosa profe Otilia!

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 24 DE ABRIL

No arquivo adxunto mando as solución das actividades da semana, comprobade as vosas respostas. 

Unha vez que estean correxidos  debedes enviarmos, ben sexa escaneados ou mediante unha foto.

IMPORTANTE: Revisade tamén os blogs dos especialistas. Están todos os enlaces nesta mesma páxina en departamentos e ciclos.

Comunicádevos urxentemente, os que non o fixestes ata o momento, nesta fin de semana coa mestra de inglés a través do e-mail: costa@edu.xunta.es.

Un saúdo

Mar

 

TAREFAS PARA 3º CURSO (SEMANA 20-24 ABRIL)

 

Bo día nen@s!

 

Esta semana celébrase o  “Día do Libro” polo que a adicaremos á lectura, podedes entrar no blog da biblioteca (abibliotecademouchan.blogspot.com) onde atoparedes diferentes recursos para traballar a lectura esta semana.

 Co solucionario que vos mandei, revisade as tarefas e autocorrexide os erros na vosa libreta para non volver cometelos.Adxunto documento das solucións que faltaban.

Visitade os blogs das diferentes especialidades, incluida Relixión, para ver as tarefas que vos deixaron para esta semana. Para que vos sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon "3º PRIMARIA" e xa vos sae todo o voso.

Calquera dúbida, suxerencia ou problema para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarmo  por correo electrónico .

Un bico da profe Otilia

Relixión

Boas tardes,nen@s:

Supoño que xa estaredes cansos de xogar cos vosos irmáns e os vosos pais, asi que, mentras non podemos volver o cole, vouvos mandar unha serie de actividades e tarefas  que vos poden servir para entretervos e repasar un pouquiño .

Vamos entón:

EDUCACIÓN INFANTIL :

3 ANOS:

Deixovos unha canción sobre a familia https://www.youtube.com/watch?v=odI6zy0xPPQ

Despois de escoitala unha ficha coma a que adxunto , coloreando so os membros que coinciden coa túa familia.

 4 ANOS:

Canción sobre el arca de Noé https://www.youtube.com/watch?v=a5LoHy_Vr0I

Despois completade unha ficha coma que adxunto.

5 ANOS:

Canción de Noé en la selva https://www.youtube.com/watch?v=OCXrb6fsarc

 O remate realizar unha ficha parecida a que adxunto.

Relixión

Boas tarde, rapac@s:

Vou a mandarmos algunha tarefa porque supoño que estaredes cansos de estar na casa tanto tempo e necesitades repasar un pouquiño o mesmo tempo que vos divertides. Vamos ver si o logramos!!

EDUCACIÓN PRIMARIA:

-Escoitade esta canción https://www.youtube.com/watch?v=Ay3cjfZB9VE

e a continuación facede unha ficha parecida a que adxunto.

Vamos a escoitar un conto: https://www.youtube.com/watch?v=0BrRzbVlFCg&t=321s

Despois facede unha ficha coma a que vai adxunta que consiste en facer un debuxo do protagonista do conto e contestar a unhas cuestións.

Tendes que fixarvos neste corto que vos deixo https://www.youtube.com/watch?v=BUUjZduPECY y

O rematar mirade o documento adxunto e facede na primeira páxina 4 situacións onde necesites un equipo e na segunda reflexionar sobre como Xesús tamén formaba parte dun grupo.

Escoitade unha parte do cono " el principito"https://www.youtube.com/watch?v=xMdrJknUCQA

a continuación nunha ficha similar a do documento adxunto intentade resumir a historía en 4 viñetas decindo o que pasa en cada unha.

 

Vamos a visionar un video https://www.youtube.com/watch?v=N9rI8EhLomU

Cando acabedes tendes facer un pequeno resumo do corto e debuxar persoas que che parecen honestas. no documento adxunto tes unha ficha que te orienta sobre como facelo.

Visionado dun video de superlibro https://www.youtube.com/watch?v=0HssHyuEXvI&t=417s

o remate mira o documento adxunto e fai unha ficha similar onde resumas en 4 viñetas a historia e que en cada unha apareza polo menos un nome dos irmáns de Xosé.

Intentade ser bos  e divertirvos. 

Actividade do Día do Libro

Desde o Equipo de Biblioteca organizouse unha actividade que consiste en que, todos aqueles que queirades, podedes enviar unha foto ou un breve vídeo duns segundos cun libro que vos guste moito ou que esteades lendo nestes intres.

Enviaranse ao correo electrónico da profe Begoña M. (de música).

O prazo para envialo é o mércores 22 pola mañá.

Con todas as fotos/vídeos que enviedes farase unha montaxe de vídeo que será publicada nas canles de comunicación do cole o xoves día 23 que é o día propio desta celebración. Así, poderedes vervos uns a outros.

Esperamos que vos guste esta iniciativa da celebración do Día do Libro por medios virtuais.

Unha aperta moi forte

Actividades de música 5º de primaria

Ola nenos e nenas.

Deixeivos novidades no blog de música: musicanaschans.blogspot.com.

Para que vos sexa máis doado e non vos liedes coas entradas dos outros cursos podedes facer clic na etiqueta "5º primaria" (á dereita da páxina) e xa vos sae todo o relacionado co voso curso.

Unha aperta

Distribuir contido


by Dr. Radut