Skip to Content

Blogues

Actividades da semana do 1 de xuño para 3º e 4º

Xa comezamos o mes de xuño, isto significa que as vacacións de verán están cada vez máis pretiño. Por iso mesmo, para esta semana vouvos propoñer un xogo: 

O Torneo do Castelo de Bowser

Para poder xogar tendes que ter a man o caderno, un lapis e unha goma de borrar.

As instrucións son moi sinxelas, podedes xogar tantas persoas como personaxes hai dispoñibles. (Todos os maiores de 8 anos poden xogar). Así que podedes xogar con amigos, familiares…

Para comezar tendes que:

- Escoller unha personaxe das 7 que tendes dispoñibles.

- Tirar o dado por quendas, comeza o máis novo do grupo e así ata o máis maior en idade.

-  Unha vez obtido o teu número, pinchas na casilla que che corresponde. Aparecerache un desafío que tes que completar. Tes que anotar no teu caderno o resultado do exercicio. Non fai falta copiar enunciados, só a resposta e cal é a casilla na que caíches.

- Despois de solucionar o desafío, pos a túa personaxe enriba desa casilla. Así non te esqueces de onde estabas.

- Unha vez que completaches o desafío, tócalle ao seguinte xogador. Ollo! Todos os xogadores/as teñen que completar os seus desafíos.

- Para chegar ao final tes que caer na casilla que pon "Fin", se te pasas de números vas para atrás de volta (coma no parchís) ata conseguir caer alí.

- Unha vez rematado o torneo, tendes que mandarme unha fotografía do voso caderno e as capturas dos desafíos online ao meu correo: marinas@edu.xunta.gal

Como sempre, se tendes calquera dúbida, escríbideme.

Esta é a ligazón do xogo:

 

https://view.genial.ly/5ed39a3a9be45e112004e337/interactive-content-torneo-castelo-de-bowser

 

Espero que vos guste e o pasedes moi ben!

Unha aperta,

 

Mariña

 

Actividades da semana do 1 de xuño para 5º e 6º

Boas rapaces!

Xa estamos entrando na recta final do curso. Como supoño que estaredes xa bastantes cansos, esta semana imos facer dúas actividades. 

A primeira é un rosco pasapalabra con algunha definición de mates. A segunda é un misterio sobre a desaparición da caixa máxica de Matracas.

Premede na ligazón para ir ao rosco co pasapalabra de Matemáticas:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5944525-rosco_de_matematicas_6_raco.html

 

Aquí está o enlace coa desaparición da caixa máxica de Matacras:

https://view.genial.ly/5c5834d88805472c3454826e/interactive-content-breakout-mates

 

Cando rematedes ambas tarefas, mándeme unha captura co resultado final ao correo electrónico: marinas@edu.xunta.gal

 

Moito ánimo!

 

Unha aperta,

Mariña

TAREFAS 3º CURSO semana 1-5 xuño

Ola rapaces!!

Estamos en 3º e comezamos o mes de Xuño, o mes das comunións, da preparación, dos traxes, fotos, invitados...que non chega o tempo a nada!! Por iso as actividades escolares van ser xogos interactivos de repaso e fomentar a expresión escrita e a creatividade.

Non esquecerse da lectura diaria e das visitas ós demais blogs.

Déixovos no arquivo adxunto as indicacións para esta semana

Unha aperta da vosa profe Otilia!!

ACTIVIDADES SEMANAIS 1-5 XUÑO -5º CURSO

Bo dia

Como vedes imos entrar na recta final, así que vou deixarvos únicamente  traballo de Plástica para evaluar nesta última avaliación. Aquí vos deixo un enlace a un video de You Tube. Tedes que velo con calma e elexir un dos debuxos que propoñen para facer vós. Teredes que enviarmo o venres.

Esta semana deberedes entregar os libros no colexio. O horario establecido para 5º é o mércores de 10.30 ás 11.30. Se alguén tivese problemas, que mo comunique e vemos de arranxar doutro xeito.

Recordade coma sempre visitar os Blogs dos especialistas e a páxina principal donde xa están publicados todos os gañadores dos videocontos (algún da nosa clase)

 

Mar

SOLUCIÓNS AS ACTIVIDADES SEMANAIS 25 A 29 DE MAIO. 5º PRIMARIA

Bo dia

Déixovos esta semana 3 adxuntos coas solucións. A primeira do traballo de Matemáticas e de Castelán. Os outros dous corresponden ás fichas que vos puxen de Naturais e Sociais.
 
Non esquezades visitar a páxina principal onde xa están colgados os primeiros gañadores da actividade de videocontos.
 
A próxima semana haberá que devolver os libros que tedes na casa, así que podedes revisalos para entregar como facemos ao final de trimestre. Xa vos mandarei un aviso co día e a hora.

 

Mar

Actividades da semana do 25 de maio para 5º e 6º

Boas rapaces e rapazas!

Esta semana imos traballar un pouco a comprensión lectora en Lingua galega para iso tendes un libro interactivo cunha serie de textos breves e xogos. Premede na ligazón para acceder a el:

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lim_de_comprensio_n_lectora/lim_de_comprensio_n_lectora.html

 

Tamén tendes un pequeno ditado para facer de Lingua. Primeiro tendes que darlle ao son para escoitar a frase e logo ir escribindo ata completar o ditado. (Ao mellor non vos vai ben o son ao principio pero volvede a cargar a páxina e xa se amaña). Esta é a ligazón:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5413614-un_paseo.html

Mandádeme unha fotografía ou captura coa corrección final a: marinas@edu.xunta.gal

Unha aperta,

 

Mariña

Actividades Proa 3º e 4º semana do 25 de Maio

Bo día nenos e nenas,

Para esta semana imos organizar unha viaxe de fin de curso por todo o alto. Lembrádesvos dos tres debuxos sobre os lugares aos que iriades despois do confinamento?

Pois ben agora, deses tres debuxos ides escoller un. Ese será o voso destino da viaxe.

Como toda boa viaxe, hai que organizala ben. Non podemos ir dun día para outro, así ao tolo.

Entón, o que vos propoño é organizar a viaxe a ese lugar, da seguinte maneira

1) Como chegariades ata alí (avión, coche, barco, autobús…), se hai que facer escalas ou non.

2)  Cal é a comida típica dese lugar. Un xantar e unha sobremesa.

3)   Que lugares  visitariades unha vez que esteades alí (5 cousas como mínimo).

Para saber toda a información que precisades, tendes que buscar en Internet.

Por exemplo, se queredes ir a Barcelona tendes que buscar:

Como chegar a Barcelona desde Vilanova. Aí xa vos van aparecer rutas para facer en coche, pero tamén podemos viaxar dende o aeroporto de Santiago, así xa vos sairán os voos.

Que ver en Barcelona. Vanvos aparecer moitísimas cousas. De todas esas tendes que escoller como mínimo cinco, as que máis vos gusten.

Comida típica de Barcelona. Agora só tendes que escoller a comida e a sobremesa que máis vos guste.

Agora o que vos vou pedir e quero que o fagades moi ben, porque sei que podedes todos e todas é que presentedes un traballo con:

1.Portada, na que vaia un debuxo dese lugar, coloreado e moi ben feitiño.

2.Ten que ir o nome do lugar que visitades e o voso nome para eu poder recoñecervos.

3.Todo o que escribades dos puntos que vos expliquei anteriormente. (Como chegar ata aí, que lugares se poden visitar e a comida típica).

4. Isto tenvos que ocupar 2 folios. Un é para a portada e o outro para escribir

Coma sempre, unha vez finalizado tendes que mandalo a: marinas@edu.xunta.gal

Moito ánimo

Mariña

TAREFAS 3º CURSO SEMANA 25 A 29 de maio

 

Bo día rapaces!!

 

Déixovos as tarefas para esta semana e ademais recomendarvos pasar polo blog da Biblioteca, alí está o vídeo de “MasterChef de 3º”, noraboa polo voso gran traballo e a colaboración das vosas familias!! Espero que vos guste.

 

Non esquezades coma sempre visitar os demais blogs. 

 

Unha aperta da vosa profe Otilia!!

 

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 22 DE MAIO

Bo día nenos!!

No arquivo adxunto déixovos as solucións desta semana.

No blog da biblioteca queda colgada unha videomontaxe dos nenos de 3º sobre receitas de cociña que de seguro vos gustará. 

Aqueles que aínda non o fixestes, animádevos a participar no concurso de videocontos da biblioteca.

Recordade aos vosos pais que xa está aberto o prazo para solicitar o fondo de libros para o ano que vén. Todas aas instruccións tédelas na páxina principal.

Unha aperta

Mar

SOLUCIONARIO 3º CURSO Semana 18-22 Maio

Ola nen@s!! 

 

Aquí vos deixo o solucionario para as tarefas desta semana.

 

Unha aperta da vosa titora!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut